Haiven, Max (1981-)

O aceite de palma: a graxa do imperio / Max Haiven ; tradución de Patricia Buxán - 1ª ed. - Vigo : Catro Ventos , 2023 - 150 p. ; 22 cm

Témolo na comida, nos cosméticos, nos combustibles e no corpo. O aceite de palma, que encontramos na metade dos produtos dos supermercados, conformou o noso mundo. Max Haiven descúbrenos como as engrenaxes do capitalismo están lubricadas —literal e metaforicamente— por este elixir ubicuo.
Neste libro atopamos certo relato cronolóxico, mais non é unha historia. É o intento de seguir o trazado de algo que a simple vista non se ve. De responder a dúas preguntas: que significa ser humano nun mundo feito de aceite de palma?; que significa contarnos a nosa historia a nós, corpos feitos de aceite de palma, porque nós, sen excepción, o levamos sobre a pel ou metabolizamos a partir do que comemos?
Seguiremos o aceite a medida que se vai filtrando polo tecido do noso mundo, converténdose no unto das persoas máis pobres e na graxa do imperio do capital.

9788412463583


Industria del aceite de palma--Historia
Industria do aceite de palma--Historia

67

Coa tecnoloxía Koha