Jara, Miguel.

Traficantes da saúde : como nos venden medicamentos perigosos e xogan coa enfermidade / Miguel Jara ; tradución Mercedes Pacheco Vázquez - Santiado de Compostela : Auga , [2010] - 290 p. ; 22 cm - (Saber +) . - Saber más (Auga) .

Co paso do tempo e o esforzo promocional dos laboratorios farmacéuticos os medicamentos pasaron de ser bens esenciais a simples obxectos de consumo. Hoxe as reaccións adversas aos fármacos xa son a cuarta causa de morte en países como Estados Unidos. O libro expón que medicamentos perigosos están ao noso alcance e cales produciron mortes ou graves danos na saúde das persoas nos últimos anos. É un percorrido pola cara B do sistema sanitario.
Durante máis de catro anos o autor investigou as estratexias que utiliza a industria da saúde e da enfermidade para ser o negocio legal máis rendible do planeta. Sinala como se inventan enfermidades para crear novos mercados e converter en pacientes aos cidadáns sans, como se manipulan os ensaios clínicos a favor dos laboratorios, como se vence a vontade de moitos médicos mediante a promoción, como se controla aos traballadores rebeldes e aos medios de comunicación ou como se espía aos cidadáns a través da receita médica ou mediante a implantación da tecnoloxía de radiofrecuencias nos envases.



9788493667665


Industria farmacéutica - --Prácticas corruptas
Industria farmacéutica - --Prácticas corruptas
Medicamentos - --Efectos secundarios
Medicamentos - --Efectos secundarios
Saúde - --Aspectos morais
Salud - --Aspectos morales

343.347 338.45(100):615.12 615.2.065 661.12

Coa tecnoloxía Koha